Rueda di que aínda non pensou quen substituirá o seu vicepresidente primeiro, Francisco Conde, que deixará a Xunta de xeito inminente tras designalo Feijóo candidato ao Congreso por Lugo. O presidente da Xunta considerábao "imprescindible" e "peza fundamental".
Fálase
Stellantis Vigo terá que indemnizar o sindicato CUT con 30.000 euros por vulnerar o seu dereito á negociación colectiva. O TSXG acredita tres vulneracións á liberdade sindical nunha sentenza que vén de facer pública a central.
Antón Gómez-Reino, ex-líder de Podemos Galicia, renuncia a concorrer nas listas do 23X por Sumar. O deputado de Galicia en Común abandona por cuestións persoais, segundo conta Europa Press.
Besteiro é substituído como delegado do Goberno de España en Galicia por Pedro Blanco, responsable xurídico de UGT, secretario de Emprego no PSdeG e asesor do ex-conselleiro Ricardo Varela durante o goberno galego de coalición de PSdeG e BNG. A inclusión de Besteiro como cabeza de lista por Lugo para as xerais do 23 de xullo obrígao a deixar a Delegación do Goberno dous meses e medio despois da súa toma de posesión.
O PP confirma que o vicepresidente Francisco Conde será cabeza de lista ao Congreso por Lugo e precipita unha crise de Goberno na Xunta, xa que a condición de conselleiro é incompatible coa de candidato ás xerais. Miguel Tellado será número un pola Coruña, a ex-ministra Ana Pastor encabezará a candidatura de Pontevedra e Ana Belén Vázquez, a de Ourense.
Morre aos 86 anos de idade o empresario e ex-primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi. O polémico político, condenado xudicialmente en varias ocasións, dirixiu o país nos períodos 1994-95, 2001-06 e 2008-11. Estivo ingresado en abril na unidade de coidados intensivos por problemas pulmonares e cardiovasculares. Imaxe: EPP (CC BY)
- HEMEROTECA | TRIBUNA - O inmediato futuro de Italia: unha explicación do melonismo
A Real Academia Galega e PuntoGal dan a coñecer os nove gañadores e gañadoras da sexta edición do seu Concurso de microrrelatos. Na modalidade de persoas adultas o gañador do primeiro premio, foi Nel Vidal, mestre no IES Rego de Trabe de Culleredo, o mesmo que a gañadora do terceiro, Mónica Fraga; a costureira e contacontos Nanda Costas fíxose co segundo premio.
Na categoría xuvenil as gañadoras son Andrea Bravo López, alumna do IES do Milladoiro; Mencía Jorge Cabaleiro, estudante do IES Castelao de Vigo; e Beatriz Martínez García, do IES de Cacheiras. Na categoría infantil as premiadas son Ainhoa Valverde Silva, do CPI de Cova Terreña; Arwen Fernández García, do CEIP Humberto Juanes; e Mai Lemmen, do CEIP Castrelo de Miño
Pontón, partidaria de que as eleccións galegas se celebren decontado: "Canto antes poidamos celebrar eleccións, antes poderemos cambiar o rumbo deste país", afirma a portavoz nacional do BNG en entrevista con Radio Galicia da Cadena SER.
A dirección do PSdeG é partidaria de non formar parte do goberno local de Santiago, que encabezará o BNG. Esa é a "opción principal" dos socialistas galegos que, no entanto, aseguran que a decisión será consensuada co grupo municipal.
O PSdeG celebrará en setembro as primarias para elixir a persoa candidata á Xunta. Así o vén de anunciar o secretario xeral da formación, Valentín González Formoso, na apertura do comité nacional dos socialistas galegos. Máis información, hoxe en Praza.gal.