Alu Ibérica solicita concurso de acredores para evitar a quebra. O administrador xudicial das antigas fábricas de Alcoa pretende protexer o patrimonio da empresa ante posibles embargos.
Fálase
Portugal anuncia que a pandemia entra na fase da "responsabilidade individual" desde o vindeiro 1 de outubro, di adeus ás limitacións de capacidade dos recintos e reduce o uso da máscara.
A psiquiatra Iria Veiga e o xenetista Ánxel Carracedo protagonizan o derradeiro vídeo da serie 'Novas Voces para a lingua', que nos últimos meses realizaron a Real Academia Galega e a USC co obxectivo de darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego. No vídeo, os dous médicos e divulgadores subliñan a "alegría de descubrir en galego".
A Xunta anuncia un bono para consumo cultural similar aos que lanzou o pasado ano para o turismo e a comezos deste para o comercio, como tamén fixeron xa algúns concellos. Feijóo avanza que do 1 de novembro ao 31 de decembro poderán descargarse dunha web ata 39.000 bonos de 50 euros cos que a Xunta asumirá o 50% do custo de libros, produtos audiovisuais ou entradas culturais.
O WhatsApp, nova vía pola que poder pedir cita para vacinarse fronte a COVID. Feijóo anuncia que “desde hoxe mesmo será posible pedir cita” por esa aplicación de mensaxería enviando unha mensaxe ao 981 215930, desde onde se darán instrucións para concretar a data.
Un grupo de familias e membros da comunidade educativa de distintos centros de ensino galegos lanzan a campaña “ColesNegros” coa que denuncian os recortes introducidos na educación pública. Fan un chamamento a crianzas, familias e persoal docente e non docente para que a partir deste xoves 23 acodan todos os xoves aos coles vestidos de negro ou cunha cinta ou fita negra "que evidencien a intención da Xunta de deixar morrer a escola pública". Inspíranse nos #venresnegros do persoal da CRTVG ou nos #martesnegros da Asemblea de Investigadoras de Compostela
O persoal de Alcoa na Mariña decide volver á folga indefinida ante o "bloqueo" da venda da planta. Os traballadores deciden en asemblea, por ampla maioría, volver ao paro.
Toda Galicia seguirá en nivel baixo de restricións da Xunta pola COVID-19 dende o sábado agás Foz e O Barco, que se situarán no medio -do que sae Monforte-. Así o vén de comunicar a Consellería de Sanidade, que informa ademais de que o límite xeral de capacidade no interior dos locais pasa a ser do 75% sen límite de persoas (alén do mantemento da distancia de seguridade) agás nos concellos en nivel máximo (se os houber), que sería do 50%.
O festival PortAmérica – Origen, que se celebra o 1 e 2 de outubro, pon á venda as entradas este xoves. Este martes presentou as súas características, con entradas nominativas, público de pé e dividido por sectores.
O mural de Diego As (Diego Anido) na Ronda da Muralla de Lugo baseado na figura de Xulio César, elixido mellor graffiti do mundo no mes de agosto na votación organizada pola rede Street Art Cities. O artista xa fora distinguido, este mesmo ano, como campión das Graffiti Battles organizadas pola Liga Nacional de Graffiti. [Imaxe: CC-BY-SA Praza.gal]