O PP confirma ao PSOE que non colaborará para impedir que Vox teña postos na Mesa do Congreso dos Deputados
Fálase
Suspendidos os traballos para a extracción do combustible do Blue Star polas malas condicións meterolóxicas. A tripulación será evacuada do buque por decisión da navieira e os traballos reiniciaranse cando o tempo o permita, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia. Foto: Iago Varela.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, anuncia que se deu de baixa como militante do PP nos días previos á condena a oito meses sen carné por conducir baixo os efectos do alcol, pero aclara que prevé continuar na alcaldía.
Cortada a autovía Pontevedra-Marín pola preamar en plena alerta laranxa. A Garda Civil desvía o tráfico en sentido a Marín pola máis interior PO-546. (Imaxe: @PlanDirectorPon)
A Fundación Toro de Lidia recibe 35.000 euros do Ministerio de Cultura para incluír artigos sobre as touradas na Wikipedia. Cóntao Civio
Falece o xornalista e divulgador musical Nonito Pereira. O promotor, crítico e referente musical coruñés morreu este martes aos 76 anos. Vinculado moitos anos ao Playa Club, foi o impulsor do Noroeste Pop Rock e organizador de innumerables concertos en Galicia.
O 94% da militancia de ERC contesta "si" a rexeitar a investidura de Pedro Sánchez se "previamente non hai un acordo para abordar o conflito político co Estado nunha mesa de negociación".
O movemento feminista maniféstase contra a violencia machista nunha trintena de vilas e cidades galegas no serán deste 25N. Na imaxe, a mobilización da Coruña (M.A.)
"Non nos calarán". A Asociación Feminista de Vilalba recompila nun vídeo nomes de mulleres vítimas de asasinatos machistas neste 2019 e advirte contra "o silencio cómplice" ante estas agresións. O pasado verán unha veciña de Vilalba foi asasinada polo seu ex-marido.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego (PP), condenado a 8 meses sen carné por conducir triplicando a taxa de alcol permitida na noite das eleccións xerais. Recólleo La Opinión de A Coruña