A xornalista Mar Mato gaña o XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo Réquiem por un sombreiro publicado no xornal Faro de Vigo. O presidente do xurado, Víctor Freixanes, destacou que "as xornalistas literarias engrandecen a nosa literatura" e a premiada agradeceu o apoio "ao xornalismo en galego" deste premio que leva o nome do homenaxeado este ano no Día das Letras.
Fálase
23X | O BOE publica a convocatoria das eleccións xerais para o 23 de xullo e, con ela, quedan disoltos o Congreso e o Senado e comezan a correr todos os prazos legais dos comicios, incluídos os do voto por correo. A campaña electoral comeza o 7 de xullo e as novas Cortes Xerais constituiranse o 17 de agosto.
Rueda desbota adiantar as eleccións galegas ao 23 de xullo para facelas cadrar coas xerais anticipadas por Pedro Sánchez. Así o vén de confirmar nun discurso ante o Comité Executivo do PPdeG, centrado nos resultados das municipais. "As urxencias electorais de Pedro Sánchez non son as de Galicia", xustifica, aludindo a "moitos motivos" para manter a súa "axenda de estabilidade". Na imaxe, Rueda votando en Pontevedra o 28M.
- + INFO 👉 Sánchez envorca o taboleiro político estatal cun adianto das xerais tras o pau do PSOE o 28M
- A esquerda volve ter o groso do poder nas principais institucións locais galegas malia ao pulo do PP
- A confirmación das eleccións europeas para o 9 de xuño de 2024 dispara de vez o debate sobre a data das galegas
Alfonso Rueda convoca para esta tarde (18h) unha reunión do Comité Executivo do PPdeG cunha intervención aberta aos medios de comunicación na que, previsiblemente, se pronunciará sobre o adianto das eleccións xerais e unha eventual coincidencia coas eleccións galegas. Para adiantar aos comicios ao Parlamento, o presidente da Xunta tería que convocar un Consello extraordinario da Xunta e aprobar a decisión, en todo caso, antes da vindeira medianoite.
28M | José Tomé reitera a súa "total tranquilidade" co mantemento da Deputación de Lugo para PSdeG e BNG. O actual presidente da institución e previsible aspirante a revalidar mandato subliña que a tensión do reconto se debeu a que "faltaban por engadir datos do Partido Socialista que se transmitiran mal", razón pola cal tamén o sitio web de resultados provisionais do Ministerio do Interior reflectiu unha maioría absoluta do PP. "Temos maioría absoluta o PSdeG e o BNG" e "estamos moi satisfeitos", sinala o tamén alcalde de Monforte, quen coida que os recontos definitivos na Xunta Electoral "non van modificar nada" no que ao xogo de maiorías se refire.
28M | Pedro Sánchez adianta as eleccións xerais para o 23 de xullo tras a forte perda de poder territorial do PSOE o 28M. Se Alfonso Rueda quixese adiantar as eleccións galegas para facelas cadrar coas xerais tería que tomar a decisión este mesmo luns para cumprir cos prazos legais da convocatoria.
28M | No conxunto do Estado o 28M estivo marcado polo triunfo da dereita, que pode lograr boa parte do poder territorial que estaba en xogo tanto en moitos dos principais concellos como en autonomías que renovaban os seus parlamentos. O PP de Feijóo precisará coalicións coa extrema dereita de Vox en varios destes territorios. Máis información en infoLibre [Imaxe: © PP]
Deportivo-Castellón e Celta B-Eldense serán as eliminatorias dos equipos galegos para ascender a Segunda División tras lograr este sábado o Racing de Ferrol o ascenso directo.
Chuvascos localmente fortes na maior parte de Galicia durante a xornada electoral, segundo a previsión de Meteogalicia.
O Racing de Ferrol gaña 2-0 ao Celta B e volve a Segunda División quince anos despois ao proclamarse campión de Primeira Federación na última xornada de liga. Deportivo e Celta B xogarán as eliminatorias de ascenso ao quedaren entre os cinco primeiros do Grupo 1 da mesma categoría.