Marrocos e a Fronte Polisario combaten novamente tras 29 anos de alto o fogo no Sahara Occidental. A ocupación pola forza por parte de Marrocos do paso fronteirizo con Mauritania de El Guerguerat, bloqueado previamente por activistas saharauís que pedían á ONU o prometido referendo de autodeterminación, foi vista pola Fronte Polisario como unha ruptura do alto o fogo. En contestación, forzas saharauís atacaron nas últimas horas varios postos militares marroquíes ao longo do muro que cerca o territorio ocupado por Rabat desde 1975. [Imaxe divulgada polo Polisario na súa conta de Twitter @Polisario_]
