ERC gañaría as eleccións en Catalunya por diante do PSC, segundo unha enquisa de TV3. O independentismo superaría o 50% dos votos. A enquisa para El Periódico prevé un triplo empate na cabeza entre PSC, ERC e JxCat.
Fálase
A participación nas eleccións catalás cae 22 puntos ata as 18 horas con respecto aos comicios de 2017. Foto: @ajlarapita
O Sergas dá por finalizada a vacinación contra a COVID de persoas usuarias e traballadores das residencias de Galicia tras subministrar esta semana a segunda dose aos últimos membros deste colectivo prioritario. Os centros que sufriron gromos recentemente recibirán a vacina "así que se normalice a situación". O luns Sanidade comeza a chamar os maiores de 80 anos para empezar a vacinalos a partir do 22 de febreiro.
Constituídas máis do 97% das mesas nas eleccións catalás, unha cifra semellante á de 2017 malia as dificultades provocadas pola pandemia. Foto: @AjSitges
Carmen Avendaño despide a Abel, o fillo que impulsou a súa loita contra o narcotráfico. "Levaba tempo enfermo, pero como a súa nai, nunca deixou de loitar", di a asociación Érguete.
O Colexio Médico de Pontevedra remite ao Consello Xeral de Colexios Médicos o expediente aberto contra unha doutora, Natalia Prego, que divulga teorías negacionistas a respecto da COVID-19 en medios de comunicación e a través de internet e encontros presenciais. Dada a "gravidade do asunto", a comisión deontolóxica do colexio pontevedrés decidiu facer pública a súa decisión.
A Audiencia Provincial da Coruña resolve o recurso dos Franco e confirma que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado. Condena a deixar o inmoble aos herdeiros do ditador, que poderán ser indemnizados polos gastos de conservación do edificio desde 1975.
Feijóo nomea delegado da Xunta en Pontevedra o ata agora alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, tras a condena a dous anos de cadea da súa antecesora, Luisa Piñeiro. O presidente pide “desculpas” á cidadanía da vila “por prestar un alcalde elixido en urna”. [Imaxe: Xunta]
A única deputada de Ciudadanos na Deputación de Ourense abandona o partido, segundo adianta La Región. Montserrat Lama, concelleira en Xinzo, marchou do PP no pasado mandato tras ser voceira do goberno de Baltar e deixa C's mentres se suceden os movementos para unha eventual moción de censura na institución provincial.
O Ministerio de Sanidade actualiza a estratexia de vacinación da COVID, incluíndo a vacina de Oxford-AstraZeneca e os novos grupos prioritarios. O documento íntegro pódese consultar aquí. Ata o pasado martes, recibiran as dúas doses da vacina en Galicia un total de 54.604 persoas e o Sergas levaba administradas 114.462 doses, o 76,5% das recibidas, segundo datos do Ministerio. Os da Consellería de Sanidade, pechados horas despois, indicaban que eran xa 114.783. Podes acceder nesta ligazón ao gráfico interactivo sobre a evolución da vacinación en Galicia.