Conseguidos, nun só día, os 32.000€ precisos para contratar a maior enquisa sobre a monarquía española, impulsada por 16 medios de comunicación, entre eles Praza.gal.
Fálase
Un incendio destrúe o campo de refuxiados de Moria, na illa de Lesbos, e deixa sen teito a case 13.000 persoas. Percorrémolo hai xusto catro anos: “Trátannos como animais”. Unha reportaxe do proxecto Heterotopías refuxiadas.
Sanidade estende ao concello de Pontevedra as restricións de capacidade dos locais polo coronavirus e volve equiparar o barrio da Milagrosa co resto da cidade de Lugo. Ampliamos a información neste espazo [Imaxe: Concello de Lugo, desinfección no barrio da Milagrosa].
A fábrica. Como o aluminio alimentou unha xeración na Mariña. A instalación hai catro décadas da fábrica de Aluminio revolucionou toda a comarca da Mariña. Agora o seu futuro periga e por iso é importante a memoria: Lucía e Martiño Suárez, fillos dun 'aluminero', contan como a fábrica marcou a súa xeración nesta reportaxe para VINTE
Jácome proponse continuar na Alcaldía de Ourense tras a ruptura do bipartito anunciada polo PP e o abandono de 5 dos edís de Democracia Ourensana. O rexedor ourensán declárase vítima dunha "traizón" e asegura que procurará pactos puntuais para cada "proxecto" que queira sacar adiante. Ampliamos a información neste espazo
Unha vintena de persoas resultan feridas no choque na noite deste martes dun autobús cun cabalo en Oia. A maioría resultaron feridos leves e sete con “lesións de maior consideración”, segundo o 112, foron evacuados en ambulancias. A estrada, a PO-552 entre Baiona e A Guarda, adoita rexistrar accidentes con cabalos e outros animais soltos. Na imaxe, parroquia de Mougás na que ocorreu o accidente.
16 medios de comunicación, entre eles Praza.gal, únense para encargar o maior inquérito sobre a monarquía española en catro décadas. A plataforma vén de activar un micromecenado para financiar a enquisa, que de saír adiante será o maior estudo sobre a opinión cidadá a respecto da Casa Real e o seu papel político.
O xornalista da TVG Alfonso Hermida dirixirá a área de Deportes do Concello da Coruña. Así o avanzou a nova concelleira deste ámbito, Mónica Martínez, incorporada ao Goberno municipal do PSdeG a pasada semana tras tres meses como non adscrita despois da súa baixa de C's. Cóntao La Opinión de A Coruña. Na imaxe, Hermida presentando a II Gala do Deportes da Coruña, o pasado decembro.
O alcalde de Ourense retira as competencias aos concelleiros de Infraestruturas e Servizos Xerais, Miguel Caride e Manuel Álvarez, ambos representantes de Democracia Ourensana no goberno bipartito co PP. Gonzalo Pérez Jácome alega "perda de confianza, falta de disposición para buscar solucións e baixa produtividade en infraestruturas". Ambos edís forman parte do grupo de 5 concelleiros de DO que piden a dimisión do rexedor e o denunciaron ante a Fiscalía.
O teléfono do ex-número 2 de Interior co PP implica á cúpula do partido na trama de espionaxe policial para protexer aos conservadores. Francisco Martínez, que foi secretario de Estado de Seguridade, conservou mensaxes que segundo Anticorrupción e o xuíz instrutor do caso apuntan aos ex-ministros Fernández e Cospedal como interesados en desactivar os riscos que puidera supoñer o ex-tesoureiro Luís Bárcenas. Para iso contarían coa axuda dunha unidade de “policía política”, revelada por eldiario.es en 2014.