Hungría e Polonia bloquean o Orzamento da Unión Europea e con el, os fondos de reconstrución para a crise da COVID-19 por vir ligado ao cumprimento do Estado de Dereito (Imaxe © European Union)
Fálase
Cinco días despois de aparecer esnaquizado un cruceiro galego en Madrid a presidenta da comunidade relaciónao cun suposto ataque contra a relixión e Feijóo reacciona prometéndolle un novo.
Marrocos e a Fronte Polisario combaten novamente tras 29 anos de alto o fogo no Sahara Occidental. A ocupación pola forza por parte de Marrocos do paso fronteirizo con Mauritania de El Guerguerat, bloqueado previamente por activistas saharauís que pedían á ONU o prometido referendo de autodeterminación, foi vista pola Fronte Polisario como unha ruptura do alto o fogo. En contestación, forzas saharauís atacaron nas últimas horas varios postos militares marroquíes ao longo do muro que cerca o territorio ocupado por Rabat desde 1975. [Imaxe divulgada polo Polisario na súa conta de Twitter @Polisario_]
O Porto de Vigo inaugura unha escultura aos soldados retornados da Guerra de Cuba. A obra foi encargada por 150.000 euros a José Molares, o autor da figura de Verne xa existente nos peiraos vigueses. A entidade que preside o popular Enrique López-Veiga tamén prepara unha exposición sobre a chegada a Vigo dos soldados que se desenvolverá de decembro a marzo.
Os Franco solicitan adiar a entrega do Pazo de Meirás e reclaman o traslado das esculturas do Mestre Mateo, unha petición rexeitada xa pola Xunta de Galicia.
O Concello de Pontevedra inicia o proceso para retirarlle a rúa a Juan Carlos I e darlla a Virxinia Pereira. O goberno local argumenta a “vida pouco edificante do Rei emérito” e louva a figura da dona de Castelao, “garante do seu legado político e artístico”.
Coincidindo co 18 aniversario do Prestige, VINTE ofrece de balde durante esta fin de semana a película Encallados, de Alfonso Zarauza. A historia sobre a imposibilidade de facer unha película sobre o Prestige é un título de referencia do director, que estes días recibe o Premio Cineuropa 2020 e presenta a súa nova longametraxe, Ons, no Festival de Sevilla.
O Parador da Costa da Morte, froito daquela catástrofe, incorpora a carta náutica do accidente do Prestige no seu 18 aniversario. Elaborada José López Redonda (Pepe de Olegario), mariñeiro xubilado, o mapa súmase a outros dez existentes no Parador que contan as historias doutros naufraxios na costa galega desde o século XVIII.
A Xunta decide o incremento das restricións en toda a comarca de Bergantiños (agás o concello da Laracha) e tamén no Concello de Ribadavia. Estas localidades pasan a estar no nivel 3 de restricións, o mesmo no que se atopa a maior parte da Galicia urbana. Máis información nun intre en Praza.gal.
Lucía Caride é a gañadora do sorteo dunha fin de semana de turismo rural en Avantos da man do Eixo Atlántico e Praza.gal. Parabéns!