Evaristo, Rebeliom do Inframundo e Kumbia Queers, primeiras confirmacións do Revenidas 2026. O festival, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro, contará tamén no seu cartel con Ilan Amores, Arrhythmia, Süne e Nadie González. Os abonos xa están á venda na web do Revenidas.