🥳14!
🎂O 1 de febreiro de 2012 publicamos Praza por primeira vez
🤗Contamos contigo para contar moito máis
↪️Faite socia, faite socio de Praza.gal
🔗https://praza.gal/faitedepraza
❗️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
🥳14!
🎂O 1 de febreiro de 2012 publicamos Praza por primeira vez
🤗Contamos contigo para contar moito máis
↪️Faite socia, faite socio de Praza.gal
🔗https://praza.gal/faitedepraza
❗️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
Os sindicatos adían ao martes o inicio da folga indefinida nos buses da provincia da Coruña para facilitar a negociación. Tras dez xornadas puntuais de folga desde decembro, o paro indefinido ía comezar este luns 2 de febreiro pero é adiado un día tras ofrecer a patronal unha lixeira mellora de condicións laborais que os sindicatos consideran aínda insuficiente.
Feijóo di que "a regularización masiva" de migrantes que xa viven aquí "creará problemas de convivencia". O líder do PP critica "a solidariedade sen control".
Morre Francisco García, que foi alcalde de Allariz polo BNG de 2000 a 2018. Nado en 1957, era concelleiro desde 1990 ata que en 2000 sucedeu a Anxo Quintana na alcaldía. Recuperamos a entrevista que lle fixemos cando cedeu o cargo en 2018 á súa compañeira Cristina Cid.
Fillas de Cassandra empezan a desvelar o que estiveron preparando para o seu novo álbum, Tertúlia, e presentan Saír á fresca, unha canción de celebración do camiño percorrido ata agora polo dúo vigués. Neste exercicio de Tertúlia que propoñen Sara Faro e María SOA as voces e o diálogo confúndense, apúranse, crúzanse, compártense. As voces berradas e cantadas toman a palabra e forman comunidade coa música e coas harmonías corais.
Saír á fresca vén acompañada dun videoclip dirixido polas propias Fillas de Cassandra, Santiago Iglesias e Sergio ‘Steel’, e rodado en Bouzas (Vigo) o pasado decembro coa participación das intérpretes Mireia Oriol, Cris Iglesias e Antonio Durán ‘Morris’, aos que vemos nunha parada de Vitrasa.
Unha tractorada corta de novo a A-52 á altura de Xinzo de Limia en contra do acordo entre a UE e o Mercosur. Gandeiros e agricultores exixen unha reunión co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
"Rueda reivindica a relación directa que existe entre os medios de comunicación e o Goberno galego", di a Xunta. "Na nosa comunidade todo é máis tranquilo e menos crispado", transmite o Goberno galego nun comunicado sobre a participación do presidente na entrega do premio Diego Bernal da Asociación de Periodistas de Galicia ao director de Atlántico Diario, Julio Rodríguez.
Feijóo promove unha comisión de investigación política no Senado sobre o accidente ferroviario de Adamuz tras negarse á mesma pescuda sobre o sinistro de Angrois. O daquela presidente da Xunta e do PPdeG impulsara o veto a esa investigación no Parlamento de Galicia e apoiou tamén as sucesivas negativas do seu partido no Congreso dos Deputados, onde os populares chegaran a descualificar como "miserable" e "absurda" unha petición que acabou sendo desbloqueada en 2017, tras mudar o PSOE a súa posición inicial ao respecto. A comisión celebrou todas as comparecencias previstas, pero tras concluír por mor das eleccións xerais de 2019, nunca chegou a retomar os traballos de redacción das conclusións. Na imaxe, Feijóo e Rajoy, coa daquela ministra Ana Pastor e outros cargos, visitando a contorna do accidente de Angrois en xullo de 2013 [© Pool Moncloa]
"Hoxé é un día normal de inverno". MeteoGalicia subliña que a borrasca Kristin "non afecta a Galicia", senón que atinxe ao "centro peninsular" e está a desprazarse cara ao leste cun temporal de vento, chuvia e neve. No noso país a xornada estará marcada polos chuvascos, "cota de neve en ascenso" -pero aínda con aviso amarelo na montaña de Lugo e gran parte da provincia de Ourense- e "ondas por riba dos 6 metros" no mar.
Os votos de PP, Vox e Junts derrogan o Real-Decreto que prorrogaba o 'escudo social' con medidas como a moratoria dos desafiuzamentos para persoas vulnerables e aplicaba a revalorización das pensións. Os populares e a formación catalá reclaman ao Goberno de Pedro Sánchez que volva someter a votación a suba das pensións, separándoa do resto de medidas. O pleno si convalidou o outro Real Decreto a debate, o relativo aos descontos no transporte. Na imaxe, o ministro Félix Bolaños defendendo as medidas durante o debate. [© Congreso]