Feijóo promove unha comisión de investigación política no Senado sobre o accidente ferroviario de Adamuz tras negarse á mesma pescuda sobre o sinistro de Angrois. O daquela presidente da Xunta e do PPdeG impulsara o veto a esa investigación no Parlamento de Galicia e apoiou tamén as sucesivas negativas do seu partido no Congreso dos Deputados, onde os populares chegaran a descualificar como "miserable" e "absurda" unha petición que acabou sendo desbloqueada en 2017, tras mudar o PSOE a súa posición inicial ao respecto. A comisión celebrou todas as comparecencias previstas, pero tras concluír por mor das eleccións xerais de 2019, nunca chegou a retomar os traballos de redacción das conclusións. Na imaxe, Feijóo e Rajoy, coa daquela ministra Ana Pastor e outros cargos, visitando a contorna do accidente de Angrois en xullo de 2013 [© Pool Moncloa]
- HEMEROTECA (2024) | Tras a condena penal de Angrois, que foi das investigacións técnica e política aínda pendentes?
- HEMEROTECA (2017) | As vítimas de Angrois logran a comisión de investigación sobre o accidente que piden dende 2013
- HEMEROTECA (2017) | Feijóo di que “a que reclaman as familias” é a “solución xudicial”
- HEMEROTECA (2017) | O PP acantóase no "non" á investigación política de Angrois no cuarto aniversario do accidente
- 📺 VÍDEO (2016) | Rafael Hernando (PP) ve "miserable" pedir unha investigación sobre "Angruás"