Máis de 600 incidencias rexistradas en Galicia pola borrasca Ingrid. O 112 Galicia vén de rexistrar, entre o día 23 e o que o vai de 24 de xaneiro, un total de 612 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que afecta á comunidade. A maior parte das incidencias estiveron relacionadas coa presenza de árbores e pólas nas estradas e problemas na circulación provocadas pola neve, a saraiba ou a formación de placas de xeo. O 112 recibiu tamén avisos de que varias persoas en concellos como Viana do Bolo, Montederramo e Calvos de Randín presentaban dificultades para saír das súas casas ou desprazarse debido á presenza de neve acumulada