A campaña polo Deportivo "da Coruña" anuncia "actuación sorpresa" ante Riazor este domingo ás 19.30 horas, antes do partido contra o Racing. O movemento para corrixir o topónimo deturpado no nome do club tamén repartirá colantes e volverá pedir unha rectificación da directiva.