Sindicatos médicos convocan folgas de cinco días ao mes ata xuño contra o Estatuto Marco do persoal sanitario elaborado polo Ministerio de Sanidade e "na demanda dun estatuto propio" só para o persoal médico. En Galicia a convocatoria impúlsaa a organización gremial O'Mega canda a confederación estatal CESM e outros catro sindicatos médicos de Andalucía, Cataluña, Madrid e Euskadi. Os paros están convocados do 16 ao 20 de marzo, do 27 ao 30 de abril, do 18 ao 22 de maio e do 15 ao 19 de xuño contra un Estatuto Marco que foi preacordado o pasado decembro polo Ministerio cos sindicatos CCOO, UGT, CIG, CSIF e SATSE [Imaxe: Simega]
- O Sergas sinala o ministerio por unha folga médica que obriga a suspender centos de intervencións
- A folga médica por un estatuto propio volve virar contra o Sergas en Galicia
- HEMEROTECA | Os sindicatos plántanse polas "inxerencias" de grupos médicos "non lexitimados" para negociar o estatuto marco
- HEMEROTECA | Persoal médico volve rebelarse contra medidas que limitan o seu traballo na privada