A USC abriu este martes a campaña electoral para as eleccións á Reitoría do xoves 12 de febreiro. Por primeira vez na historia a institución terá unha muller á súa fronte, xa que as candidatas son as catedráticas de Estatística e Investigación Operativa, Rosa Crujeiras; de Óptica, Maite Flores; de Filoloxía Inglesa, María José López Couso; e de Dereito Administrativo, Alba Nogueira. Nos comicios tamén se elixirán os representantes no claustro universitario e nas xuntas de centro e nos consellos de departamento.