Pacto entre o Goberno de España e Podemos para a regularización extraordinaria de migrantes en situación administrativa irregular. Estímase que en torno a medio millón de persoas poden beneficiarse dunha medida que vai na liña da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que o Congreso comezou a tramitar en 2024 por ampla maioría absoluta, pero que dende aquela permanece bloqueada. A ILP foi impulsada por entidades moi diversas, dende as que traballan con migrantes a organizacións feministas ou a Igrexa. Entre 1985 e 2005 os sucesivos gobernos de España aprobaron seis regularizacións extraordinariasi baixo os mandatos de González, Aznar e Zapatero. Na imaxe, entidades e forzas políticas que apoian a regularización, en 2024 ante o Congreso.