Dous deputados do PP resultan feridos nun accidente múltiple que ten cortada a AP-9 en sentido sur á altura de Ordes, co tráfico desviado pola estrada N-550. O presidente do Parlamento identifica a Gonzalo Trenor e Roberto Rodríguez como os feridos e sinala que outros deputados e deputadas doutras forzas tamén se ven afectados polas retencións, polo que muda a orde do día do Pleno. A colisión en cadea produciuse no quilómetro 52 da AP-9, ao seu paso por Oroso, implicou a 23 vehículos cun balance total de 4 persoas feridas, segundo o 112.