CC.OO., CSIF e UGT desconvocan a folga en Atención Primaria, que mantén a CIG-Saúde dende mañá, 26, ata o venres 28. Tras unha prolongada xuntanza con Sanidade, os devanditos tres sindicatos consideran que o Sergas "acepta a totalidade" das súas demandas en materia "económica, organizativa e laboral". Previsiblemente, ao longo deste martes pronunciaranse os colectivos médicos que tamén veñen apoiando o paro.