Persoal galego do BBVA mobilízase contra o ERE que a entidade financeira se dispón a aplicar e que atinxe a uns 3.000 postos de traballo en todo o Estado. Na imaxe, mobilización da CIG en Vigo, este martes.
Fálase
Janssen adía a distribución en Europa da súa vacina para a COVID-19, a primeira dunha soa dose que ía chegar á UE e neste marco, tamén a Galicia. Faino despois de que as autoridades dos Estados Unidos confirmasen que estudan 6 casos "raros" de trombos entre as máis de 6,8 millón de persoas que xa recibiron o fármaco nese país. A compañía non detalla non seu comunicado o novo horizonte temporal. O Ministerio de Sanidade tiña previsto comezar a recibila (comezando por 300.000 doses) e distribuíla esta semana. Este mesmo martes, o conselleiro de Sanidade avanzou no Parlamento os plans do Sergas para a administración da vacina. (Imaxe: ©Johnson & Johnson)
Os votos do PP frean a comisión de investigación promovida no Parlamento polo BNG sobre os ingresos na 'caixa B' dos populares que, segundo Luis Bárcenas, ex-tesoureiro do partido, procedían de Galicia. Bárcenas sinalara que ata 2 millóns de euros deses ingresos estaban datados en anos nos que Feijóo xa presidía a formación. Na imaxe, Luís Bará (BNG), defendendo a iniciativa no pleno deste martes. (Foto: © Parlamento de Galicia)
As deputadas do PP no Parlamento acoden ao pleno con roupas con estampados de peles de animais. Fano para simbolizar que é "inaceptable o cuestionamento dunha muller pola súa vestimenta", o cal consideran que "fixo o presidente socialista da Deputación de Lugo", José Tomé, ao comentar a apariencia da popular Elena Candia durante a súa participación nunha protesta organizada polos populares ante a sede da institución lucense. Tomé, que pediu desculpas a Candia, cre que que o PP manipulou as súas palabras e resalta que estaba a comparar o acto do PP co asalto trumpista ao Capitolio dos EUA. (Imaxe: PPdeG)
Os profesores galegos Xavier Labandeira e Santiago Lago, catedráticos de Economía e de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, elixidos polo Ministerio de Facenda como membros do comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Estado. O grupo está conformado por 17 persoas expertas e ten de prazo para formular a súa proposta ata o 28 de febrero de 2022. A composición íntegra pódese consultar nesta ligazón. Na imaxe, o acto de presentación do comité, presidido pola ministra de Facenda, María Jesús Montero.
O Parlamento celebra o 40 aniversario do Estatuto cun discurso do presidente do Tribunal Constitucional e dúas mesas redondas cos actuais directores de seis xornais en papel e tres docentes de Dereito. [Imaxe: Parlamento de Galicia]
- 👉 O Estatuto galego fai corenta anos tras máis dunha década co autogoberno conxelado
- 👉 Neste espazo podes ler as diversas pezas que fomos elaborando polo aniversario do Estatuto
A XIX gala dos Mestre Mateo foi a máis seguida da súa historia, con 84.000 espectadores a través da TVG, un 11,3% de audiencia. Foi o segundo programa máis visto en Galicia nesa franxa horaria e a emisión a través da rede sumou outras 7.000 visualizacións.
O Aldebarán San Sadurniño regresa á máxima categoría do voleibol e finaliza a temporada como campión da Superliga Masculina 2. O equipo regresa así á elite do voleibol á que xa ascendera por primeira vez en 2018. (Imaxe difundida pola Federación Galega de Voleibol)
O Baxi Ferrol, invicto durante toda a tempada, ascende á Liga Feminina de Baloncesto. A próxima tempada compartirá a máxima categoría co Ensino de Lugo.
Un incendio industrial no polígono do Ceao, en Lugo, fai que a Xunta active o nivel 1 de emerxencias que implica a mobilización de recursos supralocais. O lume orixinouse nunha nave de pinturas e afectou a outras lindeiras. [Imaxe: @jose_minones, delegado do Goberno de España en Galicia]