O Concello de Lugo organiza o seu primeiro concerto online para celebrar o Día de Europa. A partir das 12.30 horas poderanse seguir as actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio e de Rodrigo Cuevas nas súas contas nas redes sociais.
Fálase
Galicia na súa totalidade pasa á Fase 1 do proceso de desconfinamento, segundo vén de comunicar Fernando Simón, responsable do CCAES. Toda a información, nuns minutos en Praza.gal.
Persoal mobilizado da CRTVG protesta no seu 103º venres negro, reivindica o xornalismo como "servizo público" e advirte de que "a información rigorosa e independente cómpre máis ca nunca". A CRTVG acumula meses sen control do Parlamento.
Alberto Núñez Feijoo asegurou este venres que "se está traballando" en decidir que "quincena" sería a máis segura dende un punto de vista sanitario para a celebración das eleccións ao Parlamento galego, apuntando ao momento en que haxa menos posibilidades dun rebrote da pandemia de coronavirus. O presidente da Xunta mantivo a porta aberta a escoller o mes de xullo para a convocatoria dos comicios.
O Foro Económico de Galicia empeora as súas previsións sobre o impacto da crise do coronavirus e prevé un descenso do PIB galego entre o 8,5% e o 12,7%. Engade que un rebrote no outono que obrigase a un novo confinamento podería incrementar a caída ata o 19%
A Xunta amplía a zona afectada pola praga dos cítricos, que foi detectada en 2014 nas Rías Baixas e xa abarca toda a Mariña lucense. Están establecidas restricións de movementos e rexistros das plantas para evitar a expansión da Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano.
O Goberno portugués prohibe os festivais ata outubro e establece a posibilidade de que muden as entradas por vales. A media impide a celebración nas súas datas habituais de festivais moi concorridos por espectadores galegos como os de Paredes de Coura ou Vilar de Mouros.
Fran Vázquez (Chantada, 1983) anuncia a súa retirada do baloncesto profesional. O máximo taponador da historia da ACB e da Euroliga supera nesa categoría ao tamén galego Fernando Romay.
O Goberno central confirma á Xunta que nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes é posible saír pasear sen franxas horarias dentro da marxe xeral de 6h a 23h aínda que pertenzan a concellos de máis poboación. Esta posibilidade está recollida na orde que regula esta parte do desconfinamento, se ben inicialmente a Delegación do Goberno en Galicia interpretou que só atinxe ás entidades locais con personalidade xurídica propia. O pasado domingo, Pedro Sánchez xa se mostrara favorable ante Feijóo a interpretar a orde en Galicia en sentido amplo, como en Asturias, e pronunciouse no mesmo sentido onte no Congreso en resposta ao deputado do BNG, Néstor Rego. [Na imaxe, un núcleo de poboación en Arcos (Mazaricos) CC-BY-SA Deensel]
Morre por coronavirus o policía franquista Juan Antonio González Pacheco, alcumado Billy El Niño, coñecido por acumular múltiplas acusacións de torturas. González Pacheco seguiu cobrando ata a fin da súa vida por condecoracións recibidas ao abeiro de leis da ditadura. (Imaxe tirada de eldiario.es)