Xa se pode ver o trailer do documental 'Galicia 10 Marzo', que se estreará o vindeiro ano 2022, no 50 aniversario dos asasinatos en Ferrol de Amador Rey e Daniel Niebla, na data máis icónica do movemento obreiro galego. O filme está dirixido por Roi Cagiao, que hai catro anos presentou 'Vigo 1972'.
Fálase
A Xunta mantén Asturias na lista de comunidades coa obriga de control pola COVID de viaxeiros que cheguen a Galicia, da que sae Castela e León. Unha nova actualización da anterior listaxe de territorios publicada hai dúas semanas segue a contemplar o rexistro de viaxeiros tamén para Portugal e Francia.
O Parlamento Europeo levanta a inmunidade a Carles Puigdemont e aos ex-conselleiros cataláns Toni Comín e Carla Ponsatí. Esta decisión implica reactivar os procesos das euroordes contra os ex-dirixentes do Goberno de Catalunya. O resultado foi de 400 votos a prol fronte a 248 en contra e 45 abstencións, no caso de Puigdemont.
O Tribunal Supremo do Brasil anula todas as condenas na operación Lava Jato contra Lula da Silva, que recupera así os seus dereitos políticos e a posibilidade de concorrer ás eleccións no 2022.
O festival O Marisquiño celebrarase en agosto en Vigo grazas a novas achegas de administracións e patrocinadores despois de que a empresa organizadora anunciase hai dúas semanas a súa marcha da cidade. Tras o accidente de 2018, O Marisquiño volveuse celebrar en 2019 pero non en 2020, por mor do coronavirus.
Dende este luns a Xunta deixa de aplicar peches perimetrais nas áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra e os peches individuais atinxen só a catro concellos. Estas son as novas medidas que entran en vigor na medianoite do domingo:
Ana Peleteiro, subcampioa de Europa en pista cuberta, ao saltar 14,52 metros. A atleta de Ribeira ficou a só un centímetro da gañadora e non puido revalidar o título acadado hai dous anos. Xunto coa mugardesa Belén Toimil, que o venres obtivo a mínima olímpica en lanzamento de peso e ficou sétima na final do sábado, Peleteiro amosou o elevado nivel do atletismo galego.
Na véspera do 8M a Real Academia Galega publica un artigo escrito por Xela Arias en 1991 no que a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas critica as desigualdades existentes no mundo literario: “O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega. Só cando esqueza iso deixarei de ser fiel ó feito das mulleres, das miopes e das galegas”. No texto a poeta tamén critica a recepción “hipócrita” de Tigres coma cabalos.
O coruñés Mario Casas obtén o Premio Goya ao mellor Actor Protagonista por 'No matarás'. Ademais, 'La gallina turuleca' -coproducida por A Fonsagrada Films- levou o Premio á Mellor Película de Animación.
Este sábado lévase a cabo a segunda xornada da edición 2021 do foro 'As mulleres que opinan son perigosas'. Podes consultar aquí o programa do día, no que se pechará o foro, que se desenvolve de forma online e se pode seguir neste vídeo.