Primeira saída da UCI dun paciente ingresado por coronavirus no hospital de Ourense. O paciente, que pasa a unha unidade hospitalaria ordinaria, foi despedido entre aplausos polo persoal sanitario. Segundo os datos oficiais, hai 158 persoas na UCI en Galicia pola COVID-19. Imaxe divulgada polo servizo de comunicación do CHUO.
