O Concello da Coruña únese ao de Sada e á Deputación provincial e recorrerá o ditame sobre o Pazo de Meirás que obriga a indemnizar os Franco.
Fálase
A Xunta vén de publicar o DOG extraordinario coas novas restricións polo coronavirus que entran en vigor esta próxima medianoite. Este é o seu ámbito xeográfico tras as sucesivas modificacións que sufriu desde o seu anuncio o pasado luns. Ao longo da tarde, máis información sobre o resto de restricións en Praza.gal.
As oposicións de Educación comezarán o 19 de xuño tras a anulación do pasado ano polo coronavirus. A Xunta duplicará o número de tribunais (pasan de 163 a 359) como medida de seguridade fronte á COVID.
Baltar nomea vicepresidente segundo da Deputación de Ourense a César Fernández ao día seguinte de perder a alcaldía de Ribadavia pola aprobación da moción de censura que impulsaron PSdeG e Ribeiro en Común. A nova alcaldesa da vila é a socialista Noelia Rodríguez. O PSdeG ve no nomeamento de Fernández unha "operación caciquil" para "salvarlle o soldo". O ex-alcalde de Ribadavia ocupa o posto que antes desempeñaron dous membros de Democracia Ourensana.
A exposición Galicia, de Nós a nós pode verse desde este mércores e ata o 11 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense tras o seu paso previo pola Cidade da Cultura e antes de viaxar tamén a Pontevedra. Recuperamos unha ducia de paradas obrigadas na mostra.
A Xunta concreta os concellos que estarán en cada nivel de restricións dende o vindeiro venres e avanza que, previsiblemente, o Diario Oficial de Galicia publicará todas as restricións mañá, mércores. Segundo as mudanzas comunicadas este martes, que afectan a unha decena de localidades, esta sería a distribución final dos concellos
Abanca pide "desculpas" e retira unha campaña para fomentar o uso dos caixeiros e a banca electrónica. A entidade comezará a "retirar" os carteis. "A nosa intención non é incomodar a ninguén", asegura.
A Xunta mantén sete comunidades, entre elas Asturias e Castela e León, coa obriga de control pola COVID de viaxeiros que cheguen a Galicia. Unha nova actualización da anterior listaxe de territorios, do 9 de febreiro, segue a contemplar o rexistro de viaxeiros tamén para Portugal e Francia.
Alcoa e Goberno central buscarán un acordo de compravenda da planta da Mariña antes do 30 de abril. A idea é que a SEPI merque para despois vender a factoría a Liberty House, que "segue interesada" en mercala.
A Xunta retoma o mapa de varios niveis de restricións para permitir a reapertura "gradual" da hostalería, a mobilidade entre concellos e as reunións de non conviventes. Agora serán tres niveis e os concellos con incidencia acumulada a 14 días maior de 500 manterán o peche individual e a hostalería, pechada. Ademais, neste caso para toda Galicia, permitirá reabrir os centros comerciais que aínda mantiña pechadas nas fins de semana. Confirma, ademais, o retorno ás aulas universitarias presenciais o 1 de marzo. Toda a información sobre as novas restricións, este mediodía en Praza.gal