Baltar nomea vicepresidente segundo da Deputación de Ourense a César Fernández ao día seguinte de perder a alcaldía de Ribadavia pola aprobación da moción de censura que impulsaron PSdeG e Ribeiro en Común. A nova alcaldesa da vila é a socialista Noelia Rodríguez. O PSdeG ve no nomeamento de Fernández unha "operación caciquil" para "salvarlle o soldo". O ex-alcalde de Ribadavia ocupa o posto que antes desempeñaron dous membros de Democracia Ourensana.
