A Xunta segue a fixar datas para exames de oposicións adiados pola pandemia. Os días 20 e 21 de marzo desenvolveranse nos recintos feirais de Silleda e Lugo. as probas de Psicoloxía, Traballo Social, Asistencia Social, Corpo Superior, Medicina e Bioloxía. Así o vén de anunciar o Goberno galego.
Fálase
Ana Peleteiro revalida o seu título de campioa de España de triplo salto. A atleta barbanzá saltou 14,21 metros. RTVE ofrece as imaxes da competición (Imaxe: captura RTVE). A mugardesa Belén Toimil, pola súa banda, rematou campioa de lanzamento de peso cun lanzamento de 17,81 metros.
O galego é a lingua con máis falantes en Bizkaia tras o éuscaro e o castelán. Así o acredita un estudo da Deputación biscaíña que recolle ETB. A fonda pegada da emigración galega en Euskadi foi retratada por Davide Cabaleiro no documental Sitio Distinto. Na imaxe, o Guggenheim de Bilbao (CC-BY Naotake Murayama)
Persoal da CRTVG mobilizado na plataforma Defende a Galega cumpre 144 'venres negros' reivindicando a aplicación íntegra da lei dos medios públicos."Di o director xeral que a achega dos traballadores é fundamental para gañar novos públicos. Por que non nos deixa entón facer o noso traballo? Por que o supedita aos intereses de quen está no poder?", pregúntanse nesta nova xornada de mobilización.
A Audiencia da Coruña fixa en 25 anos o tempo mínimo de cadea antes da revisión da prisión permanente a que foi condenado o autor do asasinato de Diana Quer en 2016. O tribunal fixa tamén en 18 anos o prazo para que José Enrique Abuín poida acceder ao terceiro grao penitenciario que lle permitiría saídas puntuais. Abuín, detido en decembro de 2017, foi condenado por asasinato e agresión sexual en novembro de 2019, sentenza que o TSXG ratificou o pasado xuño.
A misión Perserverance da NASA chega á superficie de Marte poucos días despois de que entrasen na órbita do planeta as misións Al Amal (Emiratos Árabes Unidos) e Tianwen-1 (China). GCiencia explica a importancia deste avance nas pescudas espaciais. Na fotografía, da NASA, a primeira imaxe de Marte remitida dende a nave.
A vacinación contra a Covid-19 das persoas de 80 anos ou máis en Galicia comezará este venres na área sanitaria de Santiago e Barbanza, coa administración da vacina a 569 persoas en oito centros de saúde. Trátase dunha proba piloto do proceso xeral de vacinación deste grupo de idade, que comezará o luns en toda Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita suspender de forma cautelarísima o peche da hostalería decretado pola Xunta nas restricións pola COVID-19 aprobadas a finais de xaneiro. Pedíao a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña no seu recurso contra as medidas.
A Xunta retoma o 14 de marzo a celebración de exames de oposicións no recinto feiral de Silleda. Ás primeiras probas, do grupo A2 de Fisioterapia, están convocadas 404 persoas. O Goberno galego asegura ter preparado un dispositivo que garante a seguridade ante posibles contaxios da COVID.
Diversas organizacións reclaman reclaman a excarceración do rapeiro Pablo Hasél en mobilizacións desenvolvidas na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Na imaxe, a concentración de Ourense (CC-BY-NC-SA Galiza Nova)