A Fundación Andrea, o trompetista Esteban Batallán, a física Mar Capeáns, o atleta Adrián Ben e a hostaleira María Barallobre, propietaria dos restaurantes La Penela, Medallas Castelao 2025. O Consello da Xunta aprobou a concesión das distincións que o Goberno galego entrega cada 28 de xuño, cadrando co aniversario do primeiro Estatuto e mais do regreso dos restos de Castelao ao noso país. Na imaxe, a entrega das medallas o pasado ano.