Detido un home acusado de empurrar unha muller dende o alto da Muralla de Lugo e deixala no lugar "ferida de gravidade", segundo fontes policiais que cita El Progreso. Os feitos aconteceron á altura da Praza de Ferrol, onde o adarve da Muralla ten uns doce metros de altura. [Imaxe: CC-BY-SA Praza.gal]
