Jácome cesa os concelleiros do PP e acúsaos de xogar con Ourense “polos tempos electorais do seu novo candidato".
Fálase
Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, será o novo responsable da Segunda Federación, cuarta categoría do fútbol profesional español. A Audiencia Provincial ratificou o pasado maio a súa condena por prevaricación e a súa inhabilitación para emprego ou cargo público.
O presidente da Xunta e membros do Goberno central asistiron esta mañá á ofrenda da Casa Real na Catedral de Santiago, onde Felipe VI pediu a intercesión do Apóstolo para "atopar certezas" á hora de afrontar os actuais momentos "moi duros". Foto: CC-BY Xunta.
Santiago acolleu a pasada noite os tradicionais Fogos do Apóstolo, que volveron ser lanzados dende cinco puntos diferentes da cidade. Este espectáculo pirotécnico deu paso ao día grande das festas da capital galega e a este Día Nacional de Galicia. [Imaxe: © Concello de Santiago]
O Sergas emite un comunicado para asegurar que os puntos de atención continuada (PAC) de Pontevedra e o Salnés contan con médico este venres e sábado en todas as quendas, algo que non sempre vén ocorrendo.
Ferroatlántica detén a produción do último forno que tiña en funcionamento en Sabón (Arteixo) e avanza un ERTE en setembro.
O Ministerio de Transportes informa con só unhas horas de antelación do corte total da AP-9 entre Santiago e Sigüeiro durante a próxima noite. Por mor das obras do enlace Orbital de Santiago todo o tráfico desviarase pola N-550 nun rodeo duns 15 quilómetros entre as dez da noite deste xoves e as seis da mañá do venres. [Na imaxe, do Google Street View, a travesía urbana de Sigüeiro pola que terá que pasar todo o tráfico].
O Consello da Xunta propón os dous días festivos de ámbito galego do calendario laboral de 2023, que serán o 17 de maio Día das Letras e o 25 de xullo Día Nacional. A estes festivos hai que engadir os de ámbito estatal e dous máis que decide cada concello.
Tanxugueiras, en Times Square. A promoción de Diluvio, o novo disco das cantareiras galegas, chega este emblemático espazo promocional de Nova York a través da plataforma Spotify e o seu programa Equal, centrado en impulsar o talento musical feminino. Imaxe divulgada pola banda nas súas redes sociais.
España oponse ao plan de Bruxelas para impor reducións de consumo de gas aos países da UE ao considerar que a obriga a un esforzo que non lle corresponde. "As familias españolas non van sufrir cortes de gas nin de luz nas súas casas", advirte a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.