O Goberno de España reúne hoxe en La Rioja a conferencia de presidencias autonómicas, á que asiste Feijóo no nome da Xunta. O presidente da Generalitat catalá, Joaquim Torra, non asistirán á reunión, a primeira presencial deste órgano dende 2017, na que finalmente si estará o lehendakari Urkullu e abordará asuntos como os brotes da COVID-19 e o reparto dos fondos europeos pola crise do coronavirus. Na imaxe, Pedro Sánchez o pasado maio durante unha das conferencias coas autonomías celebradas por videoconferencia.
Fálase
O pleno municipal da Coruña aproba por unanimidade a denominación de Xuxán para o barrio anteriormente coñecido como Ofimático, recuperando así un topónimo preexistente no lugar e seguindo o informe elaborado pola Real Academia Galega.
O ex-director de Pemex que apadriñou os negocios da petroleira en Galicia é imputado por "uso de recursos de procedencia ilícita, asociación delituosa e suborno" no marco do caso Odebrecht, considerado o principal caso de corrupción de América Latina. Emilio Lozoya, que pactou coa Fiscalía mexicana tras a súa detención en España, continuará en liberdade condicional, aínda que cunha pulseira telemática de control e coa prohibición de abandonar Ciudad de México.
O incendio declarado en Cualedro no mediodía deste mércores rolda xa as 1.000 hectáreas queimadas, parte delas agrícolas, segundo a información notificada pola Consellaría de Medio Rural. Máis información, neste espazo de Praza.gal Imaxe: @briftabuyo
A Xunta aplica a 'situación 2' nun incendio forestal activo iniciado este mediodía no concello de Cualedro, na parroquia de San Millao. O lume arrasou xa 60 hectáreas de terreo e está próximo ao núcleo habitado de San Cristovo, pertencente a Monterrei. Están a traballar na súa extinción 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións.
Vox anuncia que presentará en setembro unha moción de censura contra o Goberno de Pedro Sánchez. Na súa intervención ante o pleno do Congreso, Santiago Abascal convida os grupos da oposición a unirse á súa iniciativa.
A Xunta Xeral de Accionistas do Deportivo da Coruña aproba as ampliacións de capital que converten a Abanca en principal accionista do club, do que pasa a controlar o 78% das accións. (Imaxe: RC Deportivo)
A Xunta Electoral de Galicia publica no DOG os resultados definitivos das eleccións galegas do 12X, unha vez realizado o escrutinio oficial nas Xuntas Electorais provinciais, tanto do voto nas urnas como do emitido por correo, incluíndo o chegado do estranxeiro. Detalla tamén os nomes das deputadas e deputados electos para o Parlamento da XI Lexislatura, que se constitúe o 7 de agosto.
A xuíza de vixilancia penitenciaria atende a petición da Fiscalía e suspende o terceiro grao para cinco dos líderes independentistas cataláns encarcerados, que terán que deixar de saír a traballar e se ven abocados a un réxime máis duro.
Feijóo di ser partidario de aplicar "unha especie de pasaporte COVID" ou "algún elemento sanitario" para "facilitar o movemento" no espazo Schengen das persoas que non estean contaxiadas do coronavirus. O presidente en funcións e candidato á reelección non aclara durante canto tempo debera, na súa opinión, ter validez un documento coma ese para que "non circulen as persoas infectadas" pero si "as sas". Son declaracións que recolle a TVG. Na imaxe, Feijóo este martes visitando un campamento en Sada.(Foto: Ana Varela)