O ex-director de Pemex que apadriñou os negocios da petroleira en Galicia é imputado por "uso de recursos de procedencia ilícita, asociación delituosa e suborno" no marco do caso Odebrecht, considerado o principal caso de corrupción de América Latina. Emilio Lozoya, que pactou coa Fiscalía mexicana tras a súa detención en España, continuará en liberdade condicional, aínda que cunha pulseira telemática de control e coa prohibición de abandonar Ciudad de México.
