🔊Xa abonda de ruído... Volve o Fálase de Praza.gal
Fálase
O pleno do Congreso aproba por folgada maioría absoluta (187 a prol, 153 en contra e 8 abstencións) o primeiro trámite da lei para fixar novos impostos á banca e grandes compañías enerxéticas, unha das medidas anunciadas por Pedro Sánchez para afrontar a crise de prezos. [Imaxe: © Congreso]
Rueda encomenda ao vicepresidente Conde o "despacho" dos asuntos ordinarios da consellería de Política Social durante a licenza por maternidade da conselleira, Fabiola García. Faino oficial este mércores mediante a publicación do correspondente decreto no DOG.
As conclusións da proposta enerxética remitida pola dirección do PP ao Goberno de España esta semana están copiadas dun documento da Xunta. É unha información de elDiario.es
Morre aos 91 anos Jan-Luc Godard, símbolo e fundador da Nouvelle Vague e autor de filmes como À bout de souffle, Vivre sa vie, Bande à part, Week-end ou Film Socialisme
A inflación pechou agosto en Galicia cunha suba interanual do 11%, medio punto por riba da media estatal e medio punto menos que en xullo, segundo vén de divulgar o INE. A suba interanual do prezo dos alimentos sitúase no 12,4% (catro décimas menos que un mes antes e 1,4 puntos menos que na media) e os custos asociados ao fogar, incluíndo a luz, dispáranse ata o 29,2% (1,1 puntos máis que en xullo e 5,6 puntos máis que na media). [Imaxe: CC-BY-SA Victoriano Izquierdo / Unsplash]
O Supremo adía "sen data" a votación sobre se mantén ou revoga a anulacón da prórroga de Ence para permanecer á beira da ría de Pontevedra, inicialmente prevista para o 4 de outubro, segundo comunicara a propia empresa aos mercados financeiros e aos seus accionistas. A razón esgrimida para atrasar a decisión é que aínda están "en tramitación" os recursos contra a segunda das tres sentenzas que anularon a prórroga.
Entre 150.000 persoas -segundo a Garda Urbana de Barcelona- e 700.000 -segundo os organizadores- maniféstanse na marcha da Diada de Catalunya, convocada pola Assemblea Nacional Catalana, nunha xornada marcada pola división das forzas independentistas.
Docentes e familias maniféstanse en Compostela contra os despedimentos e os recortes no ensino, convocadas pola CUT. O sindicato denuncia o recorte "en máis de 900 prazas estruturais anuais" e a "imposición" da impartición de materias alleas á súa especialización docente. A central alerta de que os recortes levaron ao despedimento do persoal interino de longa duración "cando se está a piques de convocar o proceso para a súa estabilización".
Este domingo celébrase a Diada de Catalunya, marcada pola división dos partidos e entidades independentistas que, con todo, animan á cidadanía a mobilizarse. A xornada comezou coa tradicional ofrenda floral a Rafael Casanova, na que tamén participou o BNG, e terá o seu momento central na manifestación convocada pola Assemblea Nacional Catalana, que comezará ás 17.14 horas.