Este domingo celébrase a Diada de Catalunya, marcada pola división dos partidos e entidades independentistas que, con todo, animan á cidadanía a mobilizarse. A xornada comezou coa tradicional ofrenda floral a Rafael Casanova, na que tamén participou o BNG, e terá o seu momento central na manifestación convocada pola Assemblea Nacional Catalana, que comezará ás 17.14 horas.
