Atopan na biblioteca do Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo un exemplar do Romancero Gitano asinado polo propio Federico García Lorca cunha dedicatoria ao alumnado do Instituto de Vigo. A “xoia bibliográfica", como foi cualificada polo alcalde Abel Caballero, foi entregada ao Concello, que pasa a custodiala mentres se confirma a veracidade da sinatura. “A todas luces é a sinatura de Lorca”, destacou Caballero, que lembrou que o poeta visitou a cidade en 1933.
