O pleno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a restitución definitiva dos cadros (un díptico Mater Dolorosa e Ecce Homo) espoliados polos nazis en Polonia e que se atopan no Museo de Pontevedra. O proceso, iniciado no momento en que se tivo coñecemento da orixe dos cadros, demorouse máis do previsto ante a reclamación da obra non só por parte do Goberno polaco senón tamén pola familia que se considera propietaria lexítima.
