Ana Miranda (BNG) volve ser eurodeputada. Recolleu este luns a acta que a acredita como membro do Parlamento Europeo en substitución de Pernando Barrena (EH-Bildu), en cumprimento do pacto da coalición Agora Repúblicas, coa que o Bloque concorreu ás eleccións de 2019. Miranda e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentan este martes en Bruxelas as prioridades da formación soberanista na Eurocámara. Na imaxe, Ana Miranda no seu escano no Parlamento Europeo en Estrasburgo, durante a anterior etapa como deputada.
