A Coruña será a sede da cimeira hispano-alemá na que se reunirán Pedro Sánchez e o chanceler Olaf Scholz os vindeiros 5 e 6 de outubro. Así o confirmou o delegado do Goberno de España en Galicia, José Miñones, quen asegura que o Executivo leva "meses traballando no evento e ratificou a súa celebración" xunto na recente xuntanza de ambos mandatarios en Alemaña (na imaxe). En 2014 Galicia xa acollera outra cimeira hispano-alemá, daquela en Santiago e con Rajoy e Merkel como presidente e chanceler. [Foto: © Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
