O Banco Central Europeo aumenta os tipos de xuro un 0,75%, ata o 1,25%, a maior suba da historia, nun intento de conter a elevada inflación. Espérase que antes de que remate o ano o BCE suban outras dúas veces, un movemento que pode incrementar o risco de levar a economía a unha recesión e prexudicar as persoas que teñan unha hipoteca variable, entre outros efectos.
