O Festival do Teatro Galego (FETEGA) do Carballiño entrega este venres o Premio de Honra 'Dorotea Bárcena 2022' ao titiriteiro e actor Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán', que nos seus 39 anos de carreira "se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galiza", fundador, entre outras de Tanxarina Teatro en 1983. Tatán recibiu o premio de Honra da última edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
- ENTREVISTA | 'Tatán': “O público infantil é moi intelixente. Non se pode tratalos como parvos”