Naturgy vai facer descender o nivel das augas no encoro dos Peares dende o 9 de outubro "para realizar o mantemento do selo inferior das comportas da presa". Vén de facelo público a Deputación de Lugo, xa que o baleirado parcial do encoro a obriga a suspender as rutas en catamarán polo Miño dende esa data. A institución lucense agrega que contactará coas persoas que xa tivesen reservas "dende o 10 de outubro ata finais de ano", para "informalas da situación" e ofrecer "alternativas como adiantar a data da viaxe ou realizar a ruta polo Sil". Na imaxe, a vila dos Peares.
