A Xunta confirma que o custo de celebrar o xuízo polo accidente de Angrois no Gaiás suporá "case 1 millón de euros". O pasado xuño, o Goberno galego transferiu algo máis de 400.000 euros da partida de imprevistos á Fundación Cidade da Cultura para comezar a sufragar a encomenda de xestión para organizar o proceso. O xuízo, que comeza o 5 de outubro e está previsto que se prolongue arredor dun ano, desenvolverase nos dous andares do denominado Edificio CINC do complexo compostelán, segundo detallou este venres o vicepresidente Calvo.
