O PSdeG pregunta á Comisión Europea polos "reiterados desleixos da Xunta no coidado de espazos naturais protexidos" ao fío do incendio na Zona de Especial Conservación do Courel, o maior na historia de Galicia dende que hai datos comparables, cunhas 11.000 hectáreas ardidas. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares, quen lembra que o Executivo comunitario xa"abriu un expediente pola mala xestión da Rede Natura en Galicia".
