Defende A Galega volve esixir unha "investigación independente" sobre o vídeo dun off the record da ministra de Igualdade que acabou en poder do diario ABC e pide "non manchar o nome da CRTVG" no 107º venres negro. O colectivo e o comité de empresa piden explicacións á dirección sobre unhas imaxes que só estiveron en poder da ETB e da TVG.
