O lehendakari apunta ao 12 ou 19 de xullo como datas máis probables para as eleccións en Euskadi. Así o manifestou na xuntanza cos partidos vascos convocada o pasado 30 de abril e celebrada esta mañá. Feijóo xa evidenciou onte a súa preferencia por volver cadrar con Íñigo Urkullu na chamada ás urnas. Esta tarde desenvólvese o encontro dos partidos galegos convocado pola Presidencia da Xunta. (Imaxe: Goberno Vasco)
