Comeza en Pontevedra o foro 'As mulleres que opinan son perigosas', este ano en liña para adaptarse ás restricións do coronavirus. Entre as intervencións do encontro inclúese a presentación, por parte de Xornalistas Galegas, do estudo 'As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións'. Todas as intervencións poden seguirse ao vivo nesta ligazón.
