Falece un estudante de 13 anos que esvaeceu no patio do IES Monte Castelo de Burela, segundo confirman dende o centro á Radio Galega
Fálase
A Mesa protesta no pleno de Ourense contra o alcalde, Pérez Jácome, por usar o galego "só para aldraxalo e desprestixialo". "Como resultado desta acción o pleno que comezou en castelán coa lectura da orde do día por parte do alcalde, continuou en galego após se despregaren os letreiros", destaca a entidade.
Os restos de Rodolfo Prada, home de confianza de Castelao no exilio en Bos Aires, repousan no seu Os Peares natal. Prada, falecido en 1980, foi elixido en 1938 presidente do Centro Gallego, que tras anos de crise vén de salvar o histórico legado da emigración.
A Mariña bótase á rúa para reclamar unha tarifa eléctrica industrial que garanta a continuidade de Alcoa en San Cibrao. Unha manifestación recorreu as rúas de Viveiro menos dun mes despois da que acolleu Xove e ante a falta de respostas políticas á crise industria.
Falecen catro persoas e seis resultan feridas en tres accidentes de tráfico en Brión, Ames e Pontecaldelas, segundo informa o 112, que lembra que están activos avisos laranxas e amarelos por vento e chuvia en boa parte de Galicia.
O que arde supera os 50.000 espectadores en só tres semanas e inicia a súa cuarta semana de exhibición con pases regulares en 29 salas de todo o Estado. A película de Óliver Laxe convértese no filme en versión orixinal galega máis visto desde Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, estreada en 1989.
As principais forzas políticas iniciaron esta noite a campaña das eleccións do 10N coa tradicional pegada de carteis
Vinte filmes galegos para ver na ponte dos Defuntos. Coa noite do Samaín comeza a ponte dos Santos e VINTE trae consigo unha escolma de 20 filmes de terror de directores galegos ou rodadas en Galicia ideais para estes días.
Pilar Pallarés gaña o Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura con Tempo fósil. Nesta entrevista de Montse Dopico a poeta debulla algunhas das claves deste poemario.
Twitter anuncia a fin da propaganda política pagada nesta rede social. "Pensamos que o alcance das mensaxes políticas hai que gañalo, non mercalo", explica Jack Dorsey, un dos fundadores da compañía, mentres medran a nivel global os receos pola manipulación política noutras redes como Facebook e tras varias controversias por redes de contas falsas de Twitter con esta finalidade. Esta medida non atinxe ás eleccións xerais do 10N, porque Twitter non comezará a aplicala ata o día 22 de novembro.