A Fiscalía recorre ante o Supremo a absolución do acusado como cómplice no asasinato de Samuel Luiz e pide a súa condena. O TSXG absolvera o home, que fora condenado nun primeiro momento pola Audiencia Provincial.

A Fiscalía recorre ante o Supremo a absolución do acusado como cómplice no asasinato de Samuel Luiz e pide a súa condena. O TSXG absolvera o home, que fora condenado nun primeiro momento pola Audiencia Provincial.
O filme 'O meu Ilustrísimo Amigo', protagonizado por Lucía Veiga e dirixido por Paula Cons, seleccionado no Festival de Cine de Madrid - PNR. A película conta a historia de amor entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós.
A Comisión Europea reafírmase en que a ampliación da concesión da AP-9 ata 2048 decidida polo Goberno de Aznar é ilegal. Faro de Vigo avanza e Praza.gal puido confirmar que o Executivo comunitario enviou ao Goberno de España o ditame motivado no marco do procedemento de infracción que ten aberto dende 2021, no que advirte da posibilidade de recorrer ao Tribunal de Xustiza da UE.
O alcalde de Láncara anuncia a súa retirada temporal do posto por un cancro de pel. A través das redes sociais o socialista Darío Piñeiro sinala que, no transcurso doutro proceso médico, lle detectaron unha doenza ante a que "sinto moito medo", pero tamén "esperanza de que todo sairá ben". Durante a súa ausencia, avanza, a alcaldía será exercida polo tenente da alcaldía e deputado provincial Pablo Rivera.
Cristóbal Montoro, imputado por crear “unha rede de influencias” para beneficiar empresas gasistas cando era ministro de Facenda. Segundo informa El País, un xuíz vén de imputar 28 personas do ministerio e de compañías que se terían beneficiado de cambios normativos para obter lucro económico.
Un incendio en Lalín supera xa as 50 hectáreas ardidas na parroquia de Maceira. Sete helicópteros e seis avións traballan, xunto a numerosos bombeiros, na extinción do fogo do que a Xunta informou a primeira hora da tarde. Foto: ATBRIF.
BNG, ERC, Bildu e Podemos únense no Congreso para pedir o indulto das Seis de La Suiza, as sindicalistas asturianas que veñen de entrar en prisión para cumprir unha pena de tres anos e medio imposta pola súa participación en protestas de apoio a unha traballadora que denunciou acoso laboral e sexual en 2017.
Un ex-concelleiro do PSOE únese ao PP para apoiar unha moción de censura en Forcarei contra a alcaldesa socialista. A iniciativa sairá adiante o vindeiro 31 de xullo e daralle a alcaldía á popular Belén Cachafeiro.
Starbucks incorpórase ao galego 'co piloto automático'. A multinacional promociona o local que abrirá na contorna do Obelisco da Coruña cunha pancarta bilingüe na que é perceptible unha pouco afortunada tradución do lema Nos vemos pronto como "vémonos cedo", tomando como sinónimo do termo referido a "dentro de pouco tempo" a palabra que se refire ás primeiras horas do día ou a algo que sucede antes do habitual ou agardado. [Imaxe: CC BY-NC-SA Praza.gal]
O Goberno de Francia conxelará pensións, eliminará festivos e recortará o gasto social e sanitario para conter a débeda pública. Anuncia un axuste orzamentario de case 44.000 millóns de euros para 2026. Foto: CC BY Jacques Paquier