A que sabe unha provincia? A Coruña amosa a súa gastronomía na cita de referencia do sector
Madrid Fusión é un dos encontros internacionais de gastronomía máis importantes e influentes do mundo. Aí está presente por cuarta ocasión a Deputación da Coruña, desta volta coa campaña A paisaxe que sabe, con elaboración de receitas en directo, degustacións e presentacións, amosando o valor dos produtos da terra a as propostas de alta cociña vencelladas ao territorio.