Fragas do Eume: un destino "responsable" para quen viaxa á procura do auténtico
"Facemos un chamamento a un perfil turístico que teña como meta final a responsabilidade e o compromiso coa sostibilidade e co respecto ao medio ambiente", salientou o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na presentación do plan de sustentabilidade turística das Fragas do Eume, o río que une aos concellos da Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero e As Pontes de García Rodríguez.