As anpas de Lugo alertan de agrupamentos de alumnado de cursos distintos por riba das ratios acordadas
Sinalan que en oito centros da provincia a Consellaría de Educación xuntou na mesma aula alumnado de varios niveis dando lugar a grupos por riba dos máximos fixados por administración e sindicatos, o que prexudica a estudantes e profesorado. A Xunta nega que se produzan incumprimentos da norma.