
Crónicas veraces dos maiores de Lugo: “Pensei que o mar era máis pequeno”
Aos maiores, como a todos, gústalles ir de excursión, facer unha boa festa, cociñar e comer unha rica empanada ou simplemente charlar sobre tempos pasados e presentes. E tendo en conta as súas preferencias e tamén as súas necesidades e posibilidades, nos Centros de Atención a Maiores da Deputación deseñan actividades para o día a día desta etapa da vida da persoas. Da maior parte destas experiencias queda constancia nas publicación "A nosa revista" e na web 'As nosas cousas'.